Novo cadro de seleccionadores galegos para a temporada 2012 – 2013

Unha vez pechado o capítulo dos Campionatos de España 2012, as Seleccións Galegas non perden o seu protagonismo. Co obxectivo de rendabilizar o tempo e de establecer canto antes as súas novas bases, a Área Deportiva da FGB renova e comunica o staff técnico dos seus combinados e pon en marcha xa os motores para a 2012 – 2013.

Con lixeiros cambios motivados pola progresión das xeracións de xogadores, o bloque de seleccionadores mantense, reubicando a categoría dos mesmos e engadindo un novo nome, o de Armando Otero, ao fronte da Selección Infantil Feminina.

O adestrador de Pontedeume, actualmente na disciplina do C.B. Xove, regresa á estrutura deportiva da FGB da que xa formara parte temporada 2009 – 2010, tamén ao temón da Selección Infantil Feminina. Un terreo xa coñecido pois para el e no que se atopará cómodo.

Así, dispostos a afrontar unha nova etapa, o bloque de primeiras espadas das Seleccións Galegas 2012 – 2013 queda como a continuación se refire:

Selección Galega Cadete Masculina : Fernando Buendía (Básquet Coruña)

Selección Galega Infantil Masculina: Ángel Castro (Fedesa)

Selección Galega Infantil Feminina: Armando Otero (C.B. Xove)

Selección Galega Cadete Feminina: Cristina Cantero (Maristas Vigo)

Selección Galega Minibasket Masculina: Paula Couto (Compañía de María Santiago)

Selección Galega Minibasket Feminina: Julia Pena (Porta XI)

Todos eles contan xa tamén con seus segundos de abordo confirmados. Xunto a eles comezarán a traballar nestes meses previos ao verán, xornadas nas que reunir información e valorar as tarefas que teñen por diante.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram