O formato Babybasket vivirá este domingo, 17 de decembro; tres novas paradas da súa recentemente iniciada traxectoria nesta temporada 2017 – 2018.
Tras o seu inicio exitoso, vivido en novembro en Vigo e a pasada fin de semana en Sarria, nesta xornada dominical será a quenda para catro novas sedes repartidas ao longo da nosa Comunidade.
Deste xeito, e abrindo o ciclo nas súas correspondentes delegacións, o Babybasket será protagonista no Barco de Valdeorras (Pavillón Calabagueiros) da man de 9 equipos diferentes e coa colaboración directa de Femenino Sil; e en Santiago de Compostela (Pavillón dos Tilos) contando coa participación de 14 clubs e baixo a organización de C.B. Galogrín.
Pola súa banda, celebrando a segunda convocatoria da temporada a delegación zonal viguesa trasladará tamén este formato 4×4 ás vilas de Porriño e Salceda de Caselas, dobrando así no domingo a oportunidade de ver desfrutar do basket aos xogadores e xogadoras máis novos.