A Federación Galega de Baloncesto, como primeira medida da nova política de contacto directo con todos os seus federados, comunica este martes, 13 de xaneiro; a composición completa da súa nova Xunta Directiva.
Esta información, que será remitida a todos os clubs ao longo deste mesmo martes a través dunha carta oficial asinada polo Presidente, Francisco Martín; define a seguinte estrutura 2014 – 2018:
Presidente: Francisco Martín Micó.
Vicepresidente 1º: Alberte Zato e Gómez de Liaño.
Vicepresidente 2º: José M. Villamarín Couto.
Tesoureiro: Ricardo Méndez Rey.
Vogais: José Luis Pérez Pérez, Francisco Guillamet Noya, José M. Castelao Figueiras e Alejandro Alcalde Varela.
Director Área Deportiva: Carlos Colinas Morán.
Director Técnico Arbitral: Miguel Ángel Pérez Pérez.
Secretaria Xeral: Susana Fernández Fiuza.
Francisco Martín “Pretendemos que flúa o diálogo, en ambos os dous sentidos”
Na presente Xunta a novidade principal é a incorporación dos vogais José M. Castelao Figueiras e Alejandro Alcalde Varela. Ambos, sumados a Francisco Guillamet e José Luis Pérez, traballarán en pro de manter interacción constante cos clubs, meta e desexo principal do actual Presidente FGB para este renovado mandato.
A figura destes catro vogais reforzará a xa de por si importante labor de ambos os vicepresidentes e Delegacións Zonais, apoios imprescindibles para a faceta de Presidencia.
E precisamente o principal responsable FGB, Francisco Martín, conta xa cun calendario provisional de visitas a estas zonais para levar a cabo reunións con todos os clubs e dar conta, xunto a eles, de aqueles aspectos e inquedanzas deportivas e administrativas propias de cada ámbito federativo.
As datas provisionais para levar a cabo esta rolda de intervencións son as seguintes:
Coruña/Ferrol: 27 de xaneiro
Arousa: 2 de febreiro.
Santiago: 3 de febreiro.
Ourense: 10 de febreiro.
Vigo: 23 de febreiro.
Lugo: 2 de marzo.