A Federación Galega de Baloncesto presenta o primeiro exemplar da súa nova fonte de comunicación, a súa revista oficial “BASQUET”. A mesma nace coa intención de converterse, de xeito trimestral, nun novo mecanismo para dar a coñecer e espallar as nosas actividades máis relevantes.
Este proxecto, que irá crecendo e madurando conforme avancen os seus números, terá tamén o obxectivo de dar cabida a aqueles eventos, iniciativas e novas que sexan de interese para todos os clubs, federados e afeccionados galegos.
Cun primeiro sumario no que teñen cabida nomes como Carlos Colinas, José Luis Sáez ou o das nosas seleccións galegas cadetes, chega o indicado exemplar da estrea, o cal se pode descargar aquí.