Nova proposta para a formación “on line”

O Comité Galego de Árbitros abre, de xeito inminente, a posibilidade de participar dun novo curso “on line” dirixido a aquelas persoas interesadas en iniciarse como árbitros ou oficiais de mesa.

A actividade, sempre que se reúna unha cifra de inscritos que o permita, dará inicio este luns, 18 de marzo; e presentará o mesmo esquema que nas súas anteriores edicións, establecendo como único requisito o de dispoñer dun ordenador e conexión a internet.

Dende a súa propia casa, ou na localización que cada alumno elixa, poderá materializar a súa formación (14 horas distribuídas en dúas semanas) con dúas posibilidades temporais (en quenda de mañá ou de tarde) e, principalmente, a través dun enderezo electrónico.

Todos os interesados en obter os detalles completos sobre esta convocotaria, así como os requisitos que demanda este tipo de formación poden remitirse aquí, ou ben realizar a súas consultas a arbitros@fegaba.com. Mesmo enderezo este ao que os aspirantes a árbitros ou oficias que desexen tomar parte deben remitir o formulario de inscrición antes das 20.00 h deste venres, 15 de marzo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram