A Área Deportiva FGB confirma o renovado equipo de traballo das Seleccións Galegas para a presente temporada 2023 – 2024
Da man no Director Deportivo FGB, Darío Méndez; realízase a designación dos adestradores e adestradoras que se farán cargo das categorías Infantil, Cadete e Minibasket.
Con moitos nomes que continúan e algunhas incorporacións en determinadas categorías, a estrutura de traballo ao fronte das nosas selección de base queda configurada do seguinte xeito:
Selección Galega Cadete Masculina
Seleccionador: Pablo Abuín Nadela (Estudiantes de Lugo).
Axudante: Sergio González Larrañaga (CB Seis do Nadal).
Delegado: Alberto Estévez García (Obradoiro CAB).
Selección Galega Cadete Feminina
Seleccionador: Rubén Vázquez López (Club Básquet Coruña).
Axudante: Roi Vega Torreira (C.B. Artai).
Delegada: Paula García López (Universitario Ferrol).
Selección Galega Infantil Masculina
Seleccionador: Rubén Vigo Solleiro (Porriño BB).
Axudante: Iván Villaverde Cores (CB Peixefresco).
Delegado: Pablo Estévez González (CB Seis do Nadal).
Selección Galega Infantil Feminina
Seleccionador: Javier Varela Gómez (CB Brión).
Axudante: Javier López Pérez (Club Básquet Coruña).
Delegada: Nuria Rodríguez Rodríguez (CB Costa Ártabra).
Selección Galega Minibasket Masculina
Seleccionador: Iago Mariñas Marzoa (Club Básquet Coruña).
Axudante: Rubén Vega Lamas.
Delegado: Hugo Pérez Valtierra (Porriño BB).
Selección Galega Minibasket Feminina
Seleccionador: Adrián Armesto López (CB Sarria).
Axudante: Andrea Pardo Vila (AD Bosco).
Delegada: Marta Giménez Aparicio (CD Bosco).
O noso máximo agradecemento a todos os adestradores e adestradores que contraen o actual compromiso de liderar ás Seleccións Galegas, e a todos aqueles que veñen de vivir esta experiencia e non continuarán nesta temporada.