A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, traballa xa na convocatoria das Xornadas de Mellora Técnica 2017 – 2018, actividade que cumpre a súa cuarta temporada consecutiva de traxectoria.
Co obxectivo de traballar con xogadores e xogadoras nados nos anos 2005, 2006, 2007 e 2008, que serán citados baixo convocatoria por invitación da propia FGB; a área deportiva da federación reunirá en Santiago de Compostela (instalacións do colexio JUNIOR´S) a un nutrido grupo de técnicos e especialistas en actividades deportivas que guiarán a actividade.
A mesma terá lugar nas seguintes quendas temporais en función da categoría:
Categoría masculina: do 21/08/18 a 25/08/18.
Categoría feminina: do 25/08/18 a 29/08/18.
En vindeiras datas, dende a propia Área Deportiva FGB, trasladaranse máis datos desta iniciativa, así como realizarase o primeiro contacto cos xogadores e xogadoras a convidar para estas xornadas de mellora.