Nova convocatoria formativa en Iniciación para adestradores

A Escola Galega de Adestradores activa a primeira convocatoria dos Cursos de Iniciación para a temporada 2023 – 2024.

A Delegación FGB en Arousa abrirá este chanzo formativo na nova temporada realizando en setembro un curso de iniciación e baixo a renovada normativa de Iniciación 23 – 24.

Esta convocatoria repartirá a súa carga lectiva en fase presencial e fase online, comezando esta última ao remate da formación en persoa.

Indicamos a continuación as datas, sede e proceso de inscrición para esta cita didáctica:

Curso Iniciación – Delegación Arousa

Formación Presencial:  9 e 10 de setembro.

09/09/23 – de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h.

10/09/23 – de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h.

Sede: Pavillón de Castelao ( Vilagarcía de Arousa)

Inscrición

A inscrición debe realizarse a través de formulario oficial dispoñible AQUÍ.

O mesmo deberá cumprimentarse correctamente e xa incluíndo nel o xustificante de pago da cota de inscrición do Curso (200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406) Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

A FGB confirmará a inscrición unha vez reciba o formulario completo. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram