Nova conta oficial en Twitter para a FGB: @FGB_Baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto continúa a crecer nas redes sociais. A entidade federativa inaugura este luns, oito de outubro, nova conta oficial en Twitter.

Tras un primeiro contacto con esta plataforma a través dun perfil creado en exclusiva, o pasado mes de setembro, para a súa área de adestradores, a FGB agrupa no día de hoxe este coas súas restantes áreas de traballo e dá o salto definitivo á rede cunha única conta de carácter xeral: @FGB_Baloncesto

Compartir e facerse eco de todas aquelas novas e informacións que comprenden a actualidade federativa, así como a promoción de todas aquelas actividades en prol do Baloncesto Galego. Ese é o principal obxectivo desta nova plataforma comunicativa, que xa se atopa activa e a disposición de todos os interesados.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram