Nova aplicación móbil “FGB”

A Federación Galega de Baloncesto activa unha nova aplicación para dispositivos móbiles. Toda a información, calendarios, resultados, clasificacións e datos relacionados coa actualidade FGB están dispoñibles a partir de este martes, catro de setembro; nos teléfonos dos usuarios.

A FGB suma unha nova plataforma de servizo para os seus federados, abrindo unha posibilidade máis de consulta, neste caso, a través dos Smartphones. Na mesma, adestradores, xogadores, colexiados, directivos e público en xeral; poderán personalizar o seu acceso ás diferentes sección que ofrece a App, dispoñendo ademais da opción de subscribirse e recibir notificacións sobre as competicións e resultados dos seus equipos preferidos, axiña se produzan e independentemente da categoría.

Deste xeito terán acceso en calquer intre a toda esta información de xeito gratuíto e xa preparado para a súa descarga tanto en Apple Store como Google Play.

Descarga en Apple Store

Descarga en Google Play

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram