Nova actividade formativa no Comité Zonal da Coruña

O Director Técnico do CAGB, Miguel Ángel Pérez; impartirá unha charla de mecánica hoxe mércores.

Dentro das actividades dos diferentes Comités Zonais, o CGAB presta o seu apoio a través de técnicos que os propios coordinadores zonais solicitan e que aportan a súa visión e experiencia en categorías superiores para poder compartilas co resto de compañeiros de todos os niveis.

O comité zonal na Coruña xa contou coa colaboración dos colegiados Daniel Pazos e Carlos Cortés e, nesta ocasión, será o propio Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, o que comparta cos colexiados coruñeses unha charla sobre Mecánica Arbitral. Será esta tarde de mércores, 30 de xaneiro, ás 20:15 h na propia sede da Delegación Coruñesa.

O director Técnico do CGAB xa participou neste tipo de actividades noutros zonais que así o solicitaron e que, por suposto, seguirán levando a cabo este proceso no transcurso da tempada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram