Normativa Oficial 2013 – 2014: Terreos de Xogo

A Federación Galega de Baloncesto fai pública a normativa oficial referente aos Terreos de Xogo para a súa aplicación na temporada 2013 – 2014.

Trátase dunha regulamentación aprobada o pasado xoves, 27 de xuño, pola Comisión Delegada da FGB e que foi realizada, de xeito previo, pola propia Federación Galega tras contar esta entidade coa autorización explícita por parte da Asemblea 2011 – 2012 para estudar a situación e redactar a documentación precisa.

Esta Normativa completarase, en vindeiras datas, cos listados oficiais das Homologacións dos Terreos de Xogo nos que se practica Baloncesto de xeito oficial en toda a Comunidade Galega.

Normativa Oficial 2013 – 2014: Terreos de Xogo
Homologación terreos de xogo – 2022/2023

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram