Os días 17 e 18 de agosto Nigrán celebra un 3×3 da man do Club Baloncesto Airexa e o Concello de Nigrán.
O pavillón Municipal de Nigrán acollerá o 3×3 que organizan o Concello e o C.B. Airexa estes dous días. Poderán participar xogadores e xogadoras a partir dos 13 anos, divididos en categorías Infantil, Cadete, Júnior e Sénior tanto masculino como feminino.
Para mais información pode consultarse a paxina web do club. No documento que se achega pódese ver o cartel do evento.