Neumáticos Sarria, campión da Copa Galicia Autonómica Feminina

(Info: CB Sarria) Gran ambiente no Novo Pavillón do Chanto de Sarria para presenciar a final da Copa Galicia de 1º División Autonómica feminina, celebrada este domingo, 13 de novembro; pechando así o ciclo competitivo copeiro da presente temporada 2016 – 2017. 

O equipo anfitrión neste caso, Neumáticos Sarria, enfrontábase a experimentada escuadra do Arxil Mafari Café nun encontro que foi quen de dominar dende o inicio.

As locais, dirixidas dende o banco por Maisa López, desta volta como axudante coa lesionada xogadora Almudena López, levou sempre a manixa do encontro, vencendo xa no primeiro cuarto por 17-14 e marchando ao descanso con máis de dez puntos de marxe. Unha serie de erros das sarrianas e o empuxe das pontevedresas apretou o marcador, que chegou a estar tan só con tres puntos a favor das locais no minuto final. Neumáticos Sarria acertou cuns derradeiros tiros libres que decantaron a balanza do seu lado e deixaron o electrónico cun tanteo de 64-58. No equipo vencedor destacar a aportación anotadora de Esther (17 puntos), Uxía Fernández (9) e Xiana González (12).

IMG-20161113-WA0012

A esta final, representanto á FGB, asistiu o seu vicepresidente; José Manuel Villamarína; Así como o responsable de relación zonais cos clubs, Alejandro Alcalde. Pola súa banda, tamén compartiron esta cita o Deputado de Deportes na Deputación de Lugo, Pablo Rivera; a alcaldesa de Sarria, Pilar López, e o Concelleiro de deportes local, Efrén Castro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram