O Concello de Narón será a sede para a Final da XXIII Copa Galicia Sénior Feminina. Coa data deste encontro decisivo marcada para este domingo, 20 de setembro; o representante galego en Liga Feminina; Universitario Ferrol; verase as caras no mesmo co equipo que resulte clasificado tras a fase previa, rolda que están a disputar os clubs autonómicos de Liga Feminina 2.
O duelo final pola XXIII edición da Copa Galicia Sénior Feminina celebrarase no Pavillón da Gándara ás 18:00 h na vila naronesa e ademais poderá seguirse, en directo, a través da nosa Canle en Youtube (FGBRetransmisións) e a novidosa plataforma FGB TV.
E mentres esta xornada dominical non chega, os catro equipos galegos de LF2 continúan competindo na busca dun posto na final:
XXIII Copa Galicia Sénior Feminina
Xornada 1 (12/09/15)
(18:30 h. Pavillón Navia)
Real Club Celta – Durán Maquinaria Ensino (64 – 57)
(17:00 h. Fontecarmoa 2)
A.D. Cortegada – C.B. Arxil (62 – 51)
Xornada 2 (15 – 16/09/15)
(20:30 h. Pavillón Navia)
Real Club Celta – C.B. Arxil (57 – 62)
(20:45 h. Pazo dos Deportes Lugo)
Durán Maquinaria Ensino – A.D. Cortegada (68 – 62)
Xornada 3 (18/09/15)
(20:00 h. CGTD)
C.B. Arxil- Durán Maquinaria Ensino
(20:30 h. Fontecarmoa 1)
A.D. Cortegada – Real Club Celta
Final – 20/09/15 (Pavillón da Gándara. Narón. 18:00 h)
Universitario Ferrol – Campión Fase Previa
(Entradas para a final: Prezo, 3 euros. Menores de 18 anos contarán con acceso gratis. A venda realizarase no propio Pavillón da Gándara)