A Selección Galega Minibasket Feminina presentase en San Fernando (Cádiz) para debutar nun Campionato de España que tamén será o primeiro para o seu Seleccionador, Nacho Silva (C.D. Bosco).
O Adestrador Vigués parte co seu combinado do grupo Preferente C con Cantabria, Asturias, Melilla e Ceuta como os rivais a bater na posible busca do ascenso ao grupo Especial. Averiguemos con que filosofía:
Nacho Silva Fernández, Seleccionador Minibasket Feminino
Creación do Equipo
“Dentro dunha estrutura de equipo lóxica tivemos en conta o nivel actual das xogadoras e a súa actitude ao traballo proposto nos adestramentos,buscando un equilibrio entre unhas e outras para conseguir formar un equipo ao longo das concentracións.Queriamos,ademais,xogadoras con diferentes perfís que nos poidan axudar nas diferentes facetas do xogo”
Xogo: Puntos fortes
“Somos un equipo agresivo e intenso en defensa e con calidade en ataque para buscar vantaxes a partir do un contra un”.
Xogo: cuestións a mellorar
“Ao non ter xogadoras grandes o noso xogo baséase principalmente en defender,ser moi agresivas e correr. A proposta de xogo é o máis sinxela posible debido,en primeiro lugar,á idade das xogadoras e en segundo a que ao adestrar a unha selección tes que intentar buscar cousas o máis sinxelas e efectivas posibles para que as xogadoras sexan capaces de asimilar diferentes conceptos en moi pouco tempo.”
“Somos un equipo agresivo e intenso,capaz de impoñer un ritmo alto de xogo presionando ao rival durante a maior parte do partido.En ataque buscamos xogar con moita velocidade para intentar anotar en transición.En 5×5 queremos velocidade na circulación do balón e a partir de aí buscar vantaxes a partir do 1×1.”
Competición: Obxectivos
“O obxectivo primordial da nosa selección é competir partido a partido independentemente do resultado e gozar do campionato e da experiencia ao máximo.É o primeiro campionato ao que acoden as nosas xogadoras e ímonos a atopar con partidos de intensidade máxima,cunha carga emocional moi alta que intentaremos saber controlar