Galicia Júnior 3×3 Feminina, Campioa de España!

(FOTO: Alberto Nevado / FEB)

(FOTO: Alberto Nevado / FEB)

Galicia 3×3 Júnior Feminina, Campioa de España!! As nosas seleccións competiron este sábado e domingo, 25 e 26 de xuño; no Campionato de España Júnior 3×3 de seleccións, cita celebrou a súa I edición en Valencia e que nos deixa esta inmellorable noticia en categoría feminina. Parabéns!!

A Federación Galega de Baloncesto contou con dobre representación neste nacional: selección masculina e feminina. En ambos os casos, compareceron un total de catro xogadores, dirixidos polos técnicos Iago Rodríguez Palmeiro, en masculino: e Julia Pena Coto, en feminino.

Galicia 3×3 Júnior Masculina: Enrique Melini Pose (EB Xiria), Samuel Antón Barros (AD Santiago Apóstol), Óscar Pérez Villamarín (Básquet Coruña), Sergio Valdés (FEDESA).

Galicia 3×3 Júnior Feminina: Esther Castedo Potente (Estudiantes Lugo), Candela Hermida Núñez (CD Bosco), Blanca Millán Modia (ADM Peleteiro) e Paula Ginzo Arantes (Siglo XXI).

Os nosos dous combinados autonómicos deron conta da estrea dun Campionato pioneiro no que agora xa figura Galicia, en feminino, como Campioa da súa Primeira edición. Todo un premio que veu da man do grande traballo de Esther, Candela, Blanca e Paula, as catro baixo o temón de Julia Pena.

Unha axustada vitoria na final ante Canarias, grazas a unha tripla de Ginzo na prórroga (13 – 15), convertíaas en campioas e inundaba de ledicia a expedición galega. De novo, Parabéns a todo o equipos, xogadoras, xogadores e técnicos. Un Ouro moi apreciado.

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR 3X3 FEMININO

Fase Grupos Galicia

Grupo D: Madrid 1, Galicia 1, Asturias 2 e Extremadura 2.

Resultados Fase Grupos

Oitavos de Final: Galicia – Castilla León (18 – 16)

Cuartos de Final: Galicia – Andalucía (21 – 10)

Semifinais: Galicia – Euskadi (21 – 10)

FINAL:  CANARIAS – GALICIA (13 – 15)

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR 3X3 MASCULINO

Grupo D: Asturias 2, Galicia 1, Extremadura 2 e Madrid 1.

Resultados Fase Grupos (Galicia eliminada nesta rolda)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram