Nace o “Torneo Circuíto Sub 22 Galicia”

Este Torneo “piloto” está autorizado pola Federación Galega de Baloncesto, e pretende ser o xerme dunha Competición con maior envergadura en futuras temporadas.

A iniciativa do Club Ourense Baloncesto, e coa participación de Rosalia de Castro de Santiago e Estudiantes Lugo, xurde esta actividade que ten como obxectivo que os xogadores Sub 22 poidan seguir adestrando e formándose co aliciente de continuar competindo tras o remate das Ligas Oficiais.

Auspiciado pola Federación Galega de Baloncesto, O Torneo Circuíto Sub 22 Galicia contará coa organización  de tres concentracións de xogo, marcadas no calendario para os vindeiros 31 de maio en Lugo, 14 de xuño en Ourense e, por último, 21 de xuño en Compostela.

O debut do circuíto terá como sede o lucense Pazo Provincial dos Deportes contando coa participación de catro equipos: COB, Rosalía de Castro e dous equipos representantes de Estudiantes Lugo Leyma Natura.

Esta primeira cita coa competición Sub 22 presenta os seguintes horarios:

(10:30 h) Estudiantes Lugo – Club Ourense Baloncesto

(12:30 h) Leyma Natura – Instituto Rosalía

(17:30 h) 3º e 4º posto

(19:30 h) Final

Salientar que a entrada aos diferentes partidos será de balde.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram