Nace o I Circuíto Provincial Lucense Precadete Masculino

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, en colaboración coa Diputación Provincial de Lugo e a Federación Galega de Baloncesto, promove o “I Circuíto Provincial Precadete Masculino”, competición que se inaugura este sábado, 3 de decembro; na vila de Láncara (Pavillón Municipal Pobra de San Xiao) co obxectivo de fomentar a práctica do baloncesto en concellos onde non é de práctica habitual entre escolares implicar na mesma a clubs e xogadores da provincia lucense.

Esta primeira edición do Circuíto Precadete (xogadores nados no anos 2002 e posteriores) desenvolverá a súa primeira etapa en catro sedes: Cervo, Vilalba, Láncara e Quiroga; reservando a Fase Final para a localidade de A Fonsagrada.

Baixo o formato de cuadragular, en cada cita previa participarán catro equipos que disputarán semifinais pola mañá, e o terceiro e cuarto posto xunto coa final en quenda de tarde. Pola súa banda, posteriormente, a fase definitiva será por concentración e sistema de copa para oito equipos.

Os clubs interesados en tomar parte poder consutlar máis información ou tramitar a súa inscrición vía mail (ajsc_liugo@hotmail.com).

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram