Nace o Campionato Galego de 3X3 en categorías U15 e U13

  • Esta nova competición oficial co 3×3 como obxectivo celebrarase no mes de maio.
  • Os campións masculinos e femininos de ambas as categorías conformarán as Seleccións Galegas que representarán a nosa Comunidade no Campionato Nacional.
  • Esta nova dobre convocatoria 3×3 únese ao xa anunciado Campionato Galego de Clubs U17 nesta mesma disciplina.

A aposta FGB polo 3×3 nesta temporada 2022 – 2023 suma dúas novas citas máis. A Federación Galega pon en marcha o Campionato Galego 3×3 para as categorías U15 E U13. Con motivo da convocatoria por parte da FEB do Campionato de España de Seleccións Autonómicas 3X3 u13 e U15,  a FGB o Campionato autonómico que será a antesala da cita nacional.

Os equipos que participen na cita galega poderán estar compostos por un mínimo de 3 xogadores ou xogadoras e un máximo de 4, sempre que conten con licenza na FGB aínda que non pertenzan ao mesmo club.

A Competición en ambas as categorías levarase a cabo en diferentes fases de xogo, baixo formato concentración e coas seguintes datas previstas: 7 de maio, 17 de maio e 28 de maio para a final. Os equipos que resulten campións galegos U13 e U15 conformarán as Selección Galegas no indicado Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Inscrición
A inscrición de equipos, que deberá realizarse vía web e baixo os criterios indicados na circular oficial FGB Nº 14; finaliza o 24 de abril. Así mesmo, todas as consultas ou dúbidas relativas a estas novas competición poden facerse chegar a través do email: 3×3@fegaba.com

Máis 3×3!
Estas dúas citas súmanse ao xa convocado Campionato Galego 3×3 U17 de CLUBS, cuxa inscrición continúa aberta ata o 28 de marzo e que tamén vive a súa estrea na vixente temporada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram