Nace “ALL STAR Galicia”, reforzo do Programa de Tecnificación FGB

A Área Deportiva da FGB, culminando o traballo que vén de realizar nos diferentes Centros de Tecnificación en idade infantil (2002), presenta unha nova iniciativa protagonizada por xogadores e xogadores que teñen formado parte dos CETI celebrados nesta 2014/2015. 

Este novo proxecto recibe o nome de “ALL STAR Galicia” e vivirá o seu primeiro capítulo este mesmo sábado, 28 de marzo, na localidade de Ribeira.

En formato de concentración, e baixo convocatoria pechada, o Pavillón desta vila, o denominado “Torres Colomer”, recibirá a 20 xogadores e 20 xogadoras escollidos tras a súa participación nesta temporada no Programa de Tecnificación FGB – 2002.

Os 40 convocados serán encadrados por zona xeográfica (norte e sur) en catro equipos, dous masculinos e dous femininos, para, en cada categoría, disputar un encontro amigable con carácter de adestramento. O enfrontamento en feminino terá lugar a partir das 17.30 h, continuando, a partir das 19:30 h a cita en masculino.

Este primeiro “ALL STAR Galicia” estará controlado polo persoal deportivo e colaborador da FGB, quen tamén contará para a ocasión coa completa colaboración do club local, C.B Riveira. 

“ALL STAR Galicia” 2002 – Masculino
“ALL STAR Galicia” 2002 – Feminino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram