Nace a Liga FGB Feminina de Veteranas

Estamos de estrea!. A Federación Galega de Baloncesto activa unha nova Liga Feminina autonómica dirixida a deportistas veteranas. Na presente temporada 2023 – 2024, nace esta competición oficial que está destinada a equipos formados por xogadoras nadas antes do 1989. 

Establecido para disputarse en formato concentración, este novo escenario para o Baloncesto da nosa Comunidade supón un paso máis para ensanchar as opcións da práctica deportiva a nivel federado e ampliando as posibilidades de desfrutar do Baloncesto.

O mecanismo de creación desta Liga FGB de veteranas ponse en marcha a partir deste mesmo 19 de setembro, data na que se abre o proceso de inscrición de equipos en base ao requisitos establecidos na circular Nº 15.

Nun prazo dun mes coñeceremos a composición da Liga, da que xa hoxe mesmo podemos confirmar as datas aproximadas de xogo, susceptibles de cambio segundo dispoñibilidade de Pavillóns:

X1 – 01/11/23.

X2 -17/12/23.

X3 – 28/01/24.

X4 – 25/02/24.

X5 – 24/04/24.

X6 – 23/06/24.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram