Monbus Obradoiro e Río Breogán, protagonistas ACB para a XXXV COPA GALICIA

A Copa Galicia de Baloncesto Masculino regresa no mes de agosto e faino cun formato especial, abrindo o mesmo coa celebración dunha Final de categoría “ACB”. Esta cita será o vindeiro día 28, ás 19.00 h, en Ferrol (Pavillón A Malata).

Monbus Obradoiro e Río Breogán converteranse nos primeiros protagonistas desta XXXV edición da Copa, competición que volve tras a súa suspensión na pasada temporada, e que nesta ocasión celébrase baixo a organización de Concello de Ferrol, CB Irmandiños e Asociación ALCER CORUÑA, outorgándolle ademais unha importante motivación solidaria.

“Doar órganos é Salvar Vidas”

Esta Copa Galicia “ACB” unirase simbolicamente á Asociación ALCER CORUÑA na súa loita contra as enfermidades de Ril e no seu obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal, así como dos seus familiares.

Os beneficios da venda de entradas desta final ACB destinarase a este traballo de ALCER CORUÑA reforzando así a súa labor de atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal e axudando á sensibilización da cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.Nesta liña, toda a información relativa ao aforo e a esta venda de entradas coñecerase ao longo do propio mes de Agosto.

Copa Galicia LEB
A XXXV da Copa Galicia completará o seu formato 2021 coa celebración en setembro dunha nova final, neste caso a correspondente á categoría LEB, que enfrontará a dous novos protagonistas, Leyma Básquet Coruña e Club Ourense Baloncesto, en data e sede por confirmar.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram