A Federación Galega de Baloncesto comunica que, a petición do Básquet Coruña e, por suposto, como mostra de respecto e condolencia ante o falecemento o pasado sábado do seu xogador Oumar Diakite; gardarase un minuto de silencio en todos os encontros nos que participe a entidade coruñesa no ámbito das competicións FGB.
Así mesmo, dende aquí, enviar o noso ánimo a toda a familia do Básquet Coruña.