Minibasket 2015 – 2016: Seleccións Galegas Definitivas

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto comunica oficialmente a composición definitiva das Seleccións Masculina e Feminina que a representarán no Campionato de España de Minibasket.

Nesta cita, marcada no calendario para celebrarse en San Fernando (Cádiz) entre o 19 e o 23 de marzo, a expedición galega estará formada por 12 xogadoras e 12 xogadores comandados dende o banquiño por Diana Piñeiro e Javier Cotelo, respectivamente.

A referencia destes 24 deportistas, os cales seguirán a traballar a súa dinámica de grupo ata chegado o momento do Campionato; pode consultarse nos documentos que achegamos.

 

Selección Galega Minibasket Masculina 15 – 16
Selección Galega Minibasket Feminina 15 – 16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram