Consulta aquí a crónica e resultados dos encontros que as nosas Seleccións desputaron este martes, 31 de abril, en San Fernando. Dúas citas importantes que rexistraron sorte dispar. Neste caso: derrota e perda da categoría especial en feminino e boa novas en forma de trunfo e ascenso para o combinado masculino.
Galicia Minibasket Feminino – 31/03/15
(09:30 h) Navarra – Galicia (4º Grupo C – 4º Grupo B) (78 – 56)
O partido máis decisivo, no que Galicia debía que defender a súa praza no grupo especial, comezou sendo intenso e bonito, cun marcador axustado. Na primeira parte as xogadoras de Diana Piñeiro conseguían poñerse por enriba pero, no cuarto sexto, e tras sufrir un implacable parcial de 22 – 0 basado en tiros exteriores moi complicados de defender, fíxose imposible a remontada. Ao remate, 78 – 56 no derradeiro encontro de Galicia Feminina neste #Mini2015.
O resultado final foi de 78-56.
Galicia Minibasket Masculino – 31/03/15
(15:30 h) Galicia – Asturias (Semifinais Preferente Masculino) (71 – 62)
Mañá Mércores rematará a categoría Preferente Masculina coa final entre Galicia e Murcia, que xa se enfrontaran na primeira fase dentro do Grupo C. Os nosos sufriron este mediodía para derrotar a unha meritoria selección asturiana, que deu moita guerra ata os minutos finais. Pero a balanza caeu a carón galego e con ela a vitoria e un merecido ascenso ao Grupo Especial.
Ligazóns de interese