A recta final para o Campionato de España Mini de Seleccións Autonómicas comeza coa confirmación dos equipos definitivos que representarán a Galicia nesta cita, a celebrar na localidade gaditana de San Fernando do 8 ao 12 de abril.
A Área Deportiva FGB publica oficialmente a lista de 12 xogadores e 12 xogadoras que competirán nesas datas nos Pavillóns Bahía Sur, Parque e Compañía de María baixo un calendario xa emitido días atrás e que mantén a Galicia nos seguintes grupos:
Mini 2017 Masculino – Grupo Especial “B”
Galicia, Euskadi, Cataluña, Castilla León e Andalucía.
Mini 2017 Feminino – Grupo Especial “B”
Galicia, Madrid, Euskadi, Andalucía e Canarias.
Nos documentos que se achegan poden consultarse as Selección Galegas definitivas, as cales afrontarán, previamente á viaxe a Cádiz, dúas concentracións máis de traballo (18 e 19 de marzo e 1 e 2 de abril).
Mini 2017: Calendario
Galicia Minibasket Feminina – Campionato de España 2017
Galicia Minibasket Masculina – Campionato de España 2017