Miguel Méndez, un galego na final da Euroliga Feminina

Da man do galego Miguel Méndez, adestrador de Rivas Ecópolis, Galicia terá un pequeno oco na Final da Euroliga Feminina, a primeira entre equipos españois na historia desta competición continental. Na tarde de mañá domingo, a final europea que protagonizarán o equipo de Méndez e o Ros Casares terá pois un atractivo maior, se cabe, para todos os afeccionados da nosa Comunidade.

Con este encontro decisivo, o adestrador galego enfrontarase a todo un novo reto, especial pola trascendencia e eco a nivel internacional e polo seu significado deportivo. Pero, independentemente do resultado, o bo traballo do seu equipo e del mesmo quedan xa máis que avalados a estas alturas. Agora, a disfrutar dunha final única na que un equipo español recollerá, por segundo ano consecutivo, esta copa, colleitada na temporada pasada por Perfumerías Avenida.

Dende a Federación Galega de Baloncesto queremos felicitar a Miguel Méndez por esta boa nova para el, para o seu equipo e, sobre todo, para todo o Baloncesto Feminino Español. Por suposto, tampouco queremos esquecer o gran papel de Ros Casares. Ambos equipos están a situar ao noso deporte de novo no mapa dos éxitos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram