Miguel Méndez, campión da Liga Feminina en Italia

Foto: www.familabasket.it

Foto: www.familabasket.it

O adestrador galego Miguel Méndez vén de celebrar un novo éxito na súa primeira temporada como preparador en Italia a cargo do Famila Wuber Schio.

Tras a conquista da Copa de Italia o pasado mes de febreiro, nesta fin de semana pasada sumou a boa nova da consecución da Liga Feminina Italiana. O adestrador vigués e o seu equipo rubricaron o Scudetto (o sexto da historia para Familia Schio) nunha atractiva fase final co Passalacqua Ragusa como rival. O título chegou no quinto partido da serie, celebrado no Pavillón do equipo de Méndez, e con vitoria final por 68 – 54.

Trasladar dende aquí os parabéns da Federación Galega de Baloncesto e todo o basket galego ao noso compatriota, un representante notorio do bo traballo que están a levar a cabo os adestradores galegos tanto nas competicións españolas de alto nivel como nas ligas de referencia fora das nosas fronteiras.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram