Miguel Juane, novo Xuíz Único do Comité de Apelación FGB

A Federación Galega de Baloncesto comunica o nomeamento Miguel Juane (Vigo,1965) como novo Xuíz Único do Comité de Competición FGB.

Juane, licenciado en Dereito, é avogado en exercicio cun percorrido persoal e laboral ligado, indiscutiblemente, ao Deporte en xeral e ao Baloncesto en particular.

Xogador profesional de Baloncesto dende 1982 ata 1994, formou parte da disciplina dalgúns dos clubs máis relevantes na historia do Baloncesto autonómico e nacional: Bosco A Coruña (1982 – 1984), Obradoiro CAB (1985 – 1987), Clesa Ferrol (ACB, 1987 – 1989), Forum Valladolid (ACB, 1989 – 1991), Tau Vitoria (ACB, 1991 – 1992), CB Granada (1992 – 1993) e Básquet Coruña (1993 – 1994).

Suma tamén no seu haber a internacionalidade coa Selección Española en categorías absoluta, sub 23 e Júnior.

Na parcela xurídica, entre unha ampla e diversificada traxectoria, figura a súa labor como Presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva dende xullo de 2012 ata novembro de 2020; e como árbitro do Tribunal de Arbitraxe Deportiva do Comité Olímpico Español dende 1998 ata xaneiro do presente 2023.

O seu perfil docente e investigador complementa tamén unha bagaxe vital de constante recoñecemento.

Na súa chegada á Federación Galega de Baloncesto como Xuíz Único do Comité de Apelación velará polo estrito cumprimento dos regulamentos e atenderá os recursos presentados ao Comité de Competición polos diferentes estamentos FGB.

O seu coñecemento das dinámicas federativas non é factor alleo, contando no seu currículo coa faceta de Xuíz Único do Comité de Competición da Federación Galega de Golf entre os anos 2000 e 2006.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram