O Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, na súa calidade de colexiado internacional español participará nun dos tres torneos de clasificación para o campionato masculino dos Xogos Olímpicos.
(Info:clubdelarbitro.com) Do 5 ao 10 de xullo, Miguel Ángel Pérez participará no Torneo de clasificación que se disputará en Manila (Filipinas) e cuxo campión obterá unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de Rio de Janeiro 2016.
Os equipos que comparecerán no torneo son: Canada, Francia, Nova Zelanda, Filipinas, Senegal e Turquía. Pola súa banda, ademais da presenza de Miguel Ángel Pérez; os árbitros participantes no mesmo serán:
– Michael Aylen (Australia).
– Jose Aníbal Carrión (Puerto Rico).
– Elias Koromilas (Grecia).
– Luigi Lamonica (Italia).
– Sasa Pukl (Eslovenia).
– Sofiane Si Youcef (Argelia).