Boas novas no marco da Copa do Rei 2017, competición que conta habitualmente con presenza galega no apartado arbitral. Na presente edición, a celebrar en Vitoria-Gasteiz (Fernando Buesa Arena) entre este xoves 16, e o sábado, 19 de febreiro; comparecerán o Director Técnico do CGAB e internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o tamén internacional Carlos Cortés.
Ambos figuran un ano máis na lista de colexiados designados para esta cita copeira, rexistrando no haber da súa traxectoria un total de 13 e 7 participacións, respectivamente. Xunto a eles, dez compañeiros completan o cadro arbitral para o torneo do KO: Francisco José Araña, Fernando Calatrava, Antonio Conde, Juan Carlos García, Daniel Hierrezuelo, Benjamín Jiménez, Sergio Manuel, José Antonio Martín Bertrán, Emilio Pérez Pizarro e Carlos Peruga.
Máis designacións no ámbito CGAB
A presenza galega nos torneos Copeiros non cesa con esta dobre designación. Unha semana despois, o tamén galego Jorge González Marqués, colexiado internacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas e membro activo do Comité Galego de Árbitros; tomará parte do equipo que dirixa a Copa do Rei desta disciplina, no seu caso a celebrar en Oviedo os días 25 e 26 de febreiro.