Miguel Ángel Pérez e Carlos Cortés, designados para a Copa do Rei

Galicia configúrase así como a segunda Comunidade Autónoma, por detrás de Andalucía, que máis colexiados aporta a esta 77 edición da Copa do Rei.

Os galegos Miguel Ángel Pérez (13 temporadas en ACB) e Carlos Cortés (7 temporadas en ACB) coñeceron este luns a súa designación por parte da Asociación de Clubs de Baloncesto para formar parte da lista de 12 árbitros que dirixirán os próximos 7, 8, 9 e 10 de febreiro, en Vitoria, os encontros da Copa do Rei.

Miguel Ángel Pérez; actual Director Técnico do Comité Galego de Árbitros; e Carlos Cortés repiten así presenza nesta competición, da que xa son vellos coñecidos. Nesta ocasión, a de 2013 sumará a novena designación para Miguel Ángel e a terceira para Carlos.

Ambos serán parte importante da 77 edición dun Torneo que cada ano concentra a máxima atención de todo o baloncesto español. No mesmo, compartirán experiencia con dez compañeiros máis: Francisco J.Araña, Juan Carlos Artega, Vicente Bultó, Antonio Conde, Juan Carlos García, Daniel Hierrezuelo, Benjamín Jiménez, José Antonio Martín, Óscar Perea e Emilio Pérez.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram