Miguel Ángel Ortega, Juanjo Bernabé e Quique Fraga, poñentes no “Clinic #50anosdebreo”

O adestrador campión de Liga Feminina, o Perfumerías Avenida Salamanca, o ex base e axente FIBA, e o adestrador axudante do Cafés Candelas, falarán de baloncesto no Pazo dos Deportes de Lugo

Club Baloncesto Breogán organiza, con motivo do seu 50 aniversario, un Clinic de Baloncesto dirixido a monitores, adestradores, profesores de Educación Física, xogadores, pero tamén aberto a todos aqueles que teñan inquedanza por saber algo máis do que se esconde na trastenda dos adestramentos, nunha xornada de formación que terá lugar o vindeiro día 17 de xuño no Pazo Provincial dos Deportes.

PROGRAMA:

(16:00 h) identificación e presentación.

(16:15 h) Juanjo Bernabé (Ex xogador profesional, Axente FIBA You First Sports): “O base: ¿aliado ou inimigo?”.

(18:00 h) Quique Fraga (Segundo adestrador do Cafés Candelas Breogán) cunha charla titulada “O Scouting do Segundo Adestrador”.

(19:15 h) Miguel Angel Ortega (Adestrador do Perfumerías Avenida Salamanca, Campión de LF 2016/17): “Do scouting ao liderado defensivo no xogo do base”.

A entrada será de balde, sendo precisa, unicamente, unha inscrición previa, online, no formulario DESTA LIGAZÓN.

Validación

O “Clinic #50anosdebreo”  conta coa colaboración da FGB, enmarcando o mesmo dentro da “Aula Formativa do Adestrador Galego”. En virtude desta vinculación, a participación no mesmo dos alumnos dos cursos de adestradores FGB poderá validarse por un CETI e un total de oito horas da súa formación persoal complementaria,

Esta actividade enmárcase dentro do plan de patrocinio da Deputación de Lugo co CB Breogán SAD

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram