Miguel Ángel Hoyo, novo Seleccionador Galego Infantil Masculino

A Preselección Galega Infantil Masculina remata o ano coñecendo a identidade do seu novo Seleccionador: o adestrador coruñés Miguel Ángel Hoyo.

O actual adestrador dos campións da zona centro de África, os Malabo Kings BC de Guinea Ecuatorial; pasa a partir deste mes de decembro, a formar parte da familia das Seleccións Autonómicas de Base, unha faceta máis que sumar a súa ampla e frutífera traxectoria, na que destacan, entre outras, as súas seis campañas como axudante en liga ACB, primeiro no C.B. Breogán e posteriormente no C.B. Granada.

O técnico galego debutará esta temporada ao fronte da Preselección Galega en categoría Infantil Masculina, acompañado nesta etapa por Jose G. Couto (R.C. Celta) como axudante, e por Rubén Vázquez (Maristas Coruña) no papel de delegado.

O novo cadro técnico terá a súa primeira oportunidade de conxugar o seu traballo e ideas a próxima fin de semana do 28 e 29 de decembro, datas establecidas para a primeira concentración do equipo nesta nova etapa. Os detalles da mesma: lista oficial de xogadores convocados, sede e horarios; coñeceranse nos vindeiros días.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram