
Miguel A. Pérez, director técnico do CGAB, árbitro ACB e Internacional FIBA foi designado por este organismo, entre os catro colexiados españoles, nun grupo composto por 38 colexiados de 28 países e que arbitrarán os encontros da Copa do Mundo que comezará o vindeiro 30 de agosto no noso pais.
Logo dunha preparación de 20 semanas , comezarán a súa concentración o vindeiro día 28 en Madrid con dúas xornadas de reunións previas á competición.
Segundo apunta Carl Jungebrand, director de arbitraxe da FIBA, este grupo de árbitros foi coidadosamente seleccionado e conta cos mais altos niveles de calidade, tal e como se espera na competición de baloncesto mais importante.