O Concello de Ferrol e o Ferrol C.B. clausuraron este domingo a segunda edición do “Memorial Manolo Pardo”, competición correspondente á 2º División Infantil Masculina FGB e que se disputou en formato de liguiña a dobre volta, reservando a súa fase final para este 22 de abril.
No encontro decisivo, e tras deixar polo camiño a diferentes equipos en cada un dos seus grupos (A e B), déronse cita Mercedarias Hotel Suizo e Electrorayma Narón, combinados que loitaron pola Copa a partir das 17.00 h da tarde no Pavillón de Esteiro.
Cun 72 – 52 no electrónico os xogadores de Mercedarias fixéronse co prezado trofeo de campións, pasando a formar parte do palmarés dun Memorial que homenaxea a figura de Manolo Pardo, pioneiro do baloncesto ferrolán de elite.
O total de resultados deste “II Memorial Manolo Pardo”, tanto na súa Fase de Grupos como na Fase Final, poden consultarse no apartado de LIGAS FEDERACIÓN GALEGA.