Master Senior League: IV Copa Andaina MSL

(Info: MSL) O Asega Classic Team converteuse no vencedor da “IV Copa Andaina MSL”, celebrada en Fexdega. A súa vitoria na final sobre o Cociñas Santos-Beiramar por 20-16 deulle o seu primeiro título na Master Senior League, competición pioneira e única en Galicia de baloncesto 3×3 para xogadores veteranos que cada xoves celébrase en Vilagarcía amparada pola Federación Galega de Baloncesto.

Os doce equipos que participan esta tempada na MSL tomaron parte desta particular competición do K.O. baixo un formato no que os catro primeiros clasificados en liga accedían directamente a cuartos de final. Os oito equipos restantes resolvían unha eliminatoria previa de oitavos de final con estes resultados:

SAT ARCADE vs POLICLÍNICA PATRICIA SERQUEIRA 13-21

SOLD OUT-LOS REMOLONES vs MUSICAL DUENDE-ANGRY CATS 16-17

TINTORERÍA RÍA DE AROSA vs SLAM BASKET-WILD CATS 15-17

O CHURRASCO-MOBU DEPORTES vs CHANTRE-ALVAMAR 16-12

O xogo foi gañando en intensidade co paso das eliminatorias, pero os favoritos fixéronse co pase ás semifinais. Estes foron os marcadores en cuartos de final:

ASEGA-CLASSIC TEAM vs POLICLÍNICA PATRICIO SERQUEIRA 21-14

A DESPENSA vs MUSICAL DUENDE-ANGRY CATS 21-11

TE LO RESERVO-6,25 vs SLAM BASKET-WILD CATS 21-15

COCINAS SANTOS-BEIRAMAR vs O CHURRASCO-MOBU DEPORTES 21-13

Xa nas semifinais, os resultados foron:

ASEGA-CLASSIC TEAM vs A DESPENSA 21-12

TE LO RESERVO-6,25 vs COCINAS SANTOS-BEIRAMAR 15-20

Á conclusión da final, o Asega-Classic Team recibiu o trofeo que lle acredita como vencedor desta cuarta edición da Copa Andaina MSL ademais da invitación a unha cea de celebración obsequiada pola Pulpería Asador Ou Ruedo de Vilagarcía.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram