O Programa de Tecnificación FGB continua vixente fin de semana a fin de semana coa achega das diferentes Delegacións Zonais FGB. A través do traballo dos Responsables Técnicos de cada ámbito, proseguen as convocatorias para a categoría minibasket e preminibasket sendo, no caso deste domingo, 26 de outubro; a zonal de Ourense a encargada de recoller a testemuña.
A convocatoria remitida pola Delegación conta cos seguintes requisitos:
Delegación Ourense – 26/10/14
Categoría: Minibasket e Preminibasket (2003, 2004, 2005 e 2006)
Localidade: Maside
Sede: Pavillón Municipal
Adestradores colaboradores: Rubén Vieira (Preparador Físico e adestrador axudante no Club Ourense Baloncesto – Adecco Oro) e Adrián Álvarez.
Horario
Minibasket (2004): 18:00 h a 19:30 h
Minibasket (2003): 11:00 h a 12:30 h
Preminibasket (2005 e 2006): 16:30 h a 18:00 h