Marzo chega repleto de actividade formativa para o CGAB

O Comité Galego de Árbitros está a acometer un inicio do mes de marzo ben activo en torno ao que a formación se refire. Se nos pasados días era a Delegación de Santiago a que daba saída a un novo curso de iniciación, nesta mesma semana son as de Lugo e Arousa as zonais que traballan na captación de novos árbitros e oficiais de mesa .

Curso para árbitros e oficiais en Foz

Grazas á colaboración do Concello de Foz, que cede desinteresadamente as instalacións precisas para levalo a cabo, o Comité de Árbitros Lucense pon en marcha un novo curso de iniciación á arbitraxe nesta vila.

Distribuíndo as habituais materias do nivel iniciación ao longo dun total de 11 días, entre o 9 e o 29 de marzo, de xeito intercalado, o Pavillón de Marzán e a Casa da Xuventude focense servirán de sede ao curso, para o que está aberta ainda a posibilidade de inscribirse.

A través do enderezo arbitroslugo@fegaba.com pode obterse toda a información básica para tramitar a participación e a presenza no curso. Lembramos que a formación arbitral realízase completamente de balde, achegando dende a FGB a posibilidade de entrar a formar parte dunha perspectiva diferente do Baloncesto.

A planificación concreta deste curso, reparto horario incluído, pode descargarse aquí mesmo.

Os oficiais de mesa, obxectivo na zona de Arousa

Os futuros oficiais de mesa serán tamén protagonistas, neste caso en exclusiva, en Arousa. O Comité desta Delegación realizará este mércores, xoves e venres (7, 8 e 9 de marzo) dous novos cursos dirixidos ás persoas que desexen instruírse como oficiais, iniciativa de carácter aberto e tamén totalmente de balde.

A celebrar un en Pontevedra (no CGTD) e outro en Vilagarcía (aula formación da FECA), a zonal mantén o seu correo (arbitrosarousa@fegaba.com) a disposición de todos os interesados en informarse ou anotarse directamente nestes cursos.

Curso de Iniciación: Foz – marzo 2012. Planificación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram