Marín, sede para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminina

Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto asinan o convenio do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino.

O presidente FGB, Julio Bernárdez; e a alcaldesa de Marín; María Ramallo; rubricaron na tarde do xoves o acordo de colaboración para converter á vila na sede desta cita Nacional en categoría feminina.

Acompañados polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba; e por José Luis Santiago representando a Marín Peixegalego, club local e indispensable colaborador; activaron así a conta atrás para a celebración do Campionato.

marin 2

A competición celebrarase entre o 4 e o 10 de xuño e sumará para Marín o oitavo ano como impecable organizador desta cita. Unha cifra que fala de xeito excepcional do seu traballo de xestión e a súa aposta polo Baloncesto.

O Sorteo do Campionato terá lugar o vindeiro 23 de maio.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram