Primeiro paso no camiño das Seleccións Galegas de Minibasket dentro da súa preparación para o Campionato de España (San Fernando (Cadiz), de 25 ao 29 de xuño). Unha vez coñecidos os líderes de cada combinado, Miguel Ángel Ortega en Masculino e Rosa Crespo no femenino; chega a quenda de trasladar o traballo á pista, convocando así unha primera cita cos adestramentos.
Ambos os Seleccionadores, acompañados dos seus colaboradores nesta nova etapa; reuniranse con este propósito este mércores e xoves, 31 de marzo e 1 de abril; na vila de Marín. Esta concentración, na que segundo a data participarán xogadores e xogadoras de diferentes zonas de Galicia, realizarase no Pavillón do Colexio San Narciso grazas a colaboración do propio Colexio e tamén do Concello de Marín.
Remitimos a continuación as listas de xogadores e xogadoras convocadas, así como lembramos a programación de traballo que terán por diante ata o mes de xuño. Incidir en que, en todo momento, os adestramentos desta convocatoria realizaranse cumprindo o Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB, e todos os participantes, tanto os nenos e nenas como o cadro técnico; pasarán previamente un test seróloxico.
PreSelección Galega Minibasket Masculina – 31/03/21
PreSelección Galega Minibasket Feminina – 31/03/21
PreSelección Galega Minibasket Masculina – 01/04/21
PreSelección Galega Minibasket Feminina – 01/04/21
Programación Seleccións Galegas Minibasket 2020 – 2021