Marín e Pontevedra agardan a estrea do XLIII Campionato de España de Clubs Júnior Masculino

O motor do XLIII Campionato de España de Clubs Júnior Masculino está a punto para arrincar este domingo, 4 de maio; nas localidades galegas de Marín e Pontevedra, sedes para un espectáculo deportivo e social que se prevé apaixoante.

Ambas as vilas galegas acollen desde este domingo un Campionato no que toman parte os mellores 32 equipos júnior desta temporada, distribuídos en 8 grupos de catro cada un nos que os dous primeiros clasificaranse para os oitavos de final.

A representación galega corre da man de Estudiantes Lugo (Campión Liga FGB), Marín Peixegalego (Subcampión Liga FGB) e Básquet Coruña (3º Liga FGB), que compiten encadrados en cadanseu grupo buscando, en primeira instancia, cubrir de xeito positivo a fase previa.

O Campionato terá como escenario principal o Pavillón da Raña, onde desputará os seus encontros o anfitrión, CB. Marín Peixegalego. Utilizaranse tamén como pavillóns auxiliares o pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e o pavillón do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra, onde veremos en xogo durante a fase previa a Básquet Coruña e Estudiantes Lugo, respectivamente.

A continuación remitimos o plan de encontros que agarda aos tres equipos galegos na xornada dominical, a da estrea para todos eles.
Así mesmo, xunto a esta información pode consultarse o calendario completo deste XLIII Campionato de España Júnior Masculino no que se agarda repetir o éxito de organización e público que sempre acompaña a este tipo de eventos cando se celebran en Marín e Pontevedra. Toca desfrutar do mellor Baloncesto!

XLIII Campionato España Club Júnior Masculino – 1º Xornada: 04/05/14

GRUPO B

Joventut Badalona, CB Marín Peixegalego, Instaladora 2001 La Salle Palma e EM Piélagos. (Marín. Pavillón A Raña)

DSC 0155 20140425 185424

(20:00 h) EM Piélagos – CB Marín Peixegalego

(18:00 h) Instaladora 2001 La Salle Palma – Joventut Badalona

GRUPO C
Fundación 5+11, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Adarsa Fundación Baloncesto Valladolid e San Cernín BNC
(Pontevedra. Príncipe Felipe)

ESTU JUNIOR

(19:00 h) San Cernín BNC – Estudiantes Lugo Leyma Natura

(17:00 h) Adarsa Fundación Baloncesto Valladolid – Fundación 5+11

GRUPO E
Catalana Occident Manresa, Basquet Coruña, Espacio Torrelodones e Myrtia Baloncesto Murcia
(Pontevedra. CGTD)

Foto Junior 2013-14

(16:00 h) Myrtia Baloncesto – Basquet Coruña

(13:30 h) Espacio Torrelodones – Catalana Occident Manresa

Calendario: XLIII Campionato de España de Clubs Júnior Masculino
Estudiantes Lugo Leyma Natura
CB Marín Peixegalego
Basquet Coruña

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram