Marín e Lugo, sedes para os Campionatos de España Infantís de Clubs

Galicia volve a ser o escenario dos Campionatos Infantís de Clubs FEB. A nosa Comunidade, sede ininterrumpida para os nacionais desta categoría dende a temporada 2013 – 2014, recolle de novo o protagonismo para, neste 2019, recibir en Lugo e Marín, entre o 9 e o 15 de xuño; aos os 32 mellores equipos do país, tanto en masculino como en feminino, respectivamente.

A vila de Marín repetirá por terceiro ano consecutivo (2016 – 2017, categoría feminina; e 2017 – 2018, categoría masculina) como anfitrioa do Campionato de España Infantil. Federación Galega de Baloncesto e CB Peixefresco coorganizarán a presente edición FEMININA, contando coa colaboración do Concello de Marín e o Colexio San Narciso. 

Pola súa banda, Lugo será o destino da categoría masculina, contando coa organización de Estudiantes Lugo, o patrocinio de Leyma e a colaboración de C.B Sarria, Concello de Lugo, Concello de Sarria e Deputación de Lugo. A cidade da Muralla, man a man coa vila de Sarria, recibirá de novo a visita dunha competición destas características, tal e como xa ocorreu nas temporadas 2015 – 2016 (infantil masculino); e na máis recente 2016 – 2017 co campionato Júnior Feminino.

En ambos os casos, a conta atrás xa está en marcha confiando en repetir o éxito organizativo e a boa acollida que Galicia sempre brinda a estas competicións.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram