Máis de 340 partipantes no 3×3 “Camiño a Compostela”

A concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Pilar Lueiro; acompañada polo Presidente da Federación Galega de Baloncesto; presentaron esta mañá a I edición do 3×3 “Camiño a Compostela”, que organizan a propia Federación Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago e a colaboración do Centro Comercial área Central. 

A cita terá lugar esta fin de semana, 1, 2 e 3 de setembro; contando cunha triple vertente.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do presidente da Federación Galega de Baloncesto (FGB), Julio Bernárdez, presentaron este xoves a I edición do 3×3 “Camiño a Compostela”, cita que terá lugar esta fin de semana na praza exterior do Centro Comercial Área Central. Previamente, o venres, 1 de setembro, varios dos equipos participantes, procedentes de toda Galicia, realizarán en horario de tarde o último tramo do Camiño de Santiago en peregrinación ata Praza do Obradoiro. A súa chegada a meta compostelá está prevista para as 19:30 h.

A Concelleira de Deportes, Pilar Lueiro; deu á benvida á FGB a casa do Concello e remarcou os valores especiais do 3×3 Camiña a Compostela, evento que une o deporte coa “dinamización de zonais comerciais.”

O Presidente FGB, Julio Bernárdez; agradeceu a “especial acollida á Federación Galega da nova corporación compostelá” e remarcou tres motivos fundamentais que dan forza a este evento: “a súa ligazón co Baloncesto Base, co Camiño de Santiago e Compostela como sinais de identidade e a súa relación, a través de Área Central, co tecido comercial da cidade”. Nesta liña, Bernárdez; recoñeceu o gran apoio de Área Central, como sede do evento. 

A Competición

A xornada central do “3×3 Camiño a Compostela” será a do sábado, 2 de setembro, na que se porán en xogo 24 equipos repartidos en dúas categorías mixtas: sénior e júnior e cadete e infantil. En ambos os casos, os gañadores veranse recompensados cun premio de 200 euros en material deportivo. Unha fase de grupos clasificatoria a unha volta, e as posteriores cruces, configurarán o formato de xogo.

O domingo, 3 de setembro, o “3×3 Camiño a Compostela” abrirase a todas as categorías, desde preminibasket ata sénior, nunha xornada de carácter lúdico na que non haberá competición estrita e reinará o bo ambiente. Un total de 45 equipos serán os protagonistas.

Neste caso, o 3×3 tamén será mixto e poderán participar equipos non presentes na xornada do sábado ou aqueles que desexen facelo en ambas datas.  

A competición da xornada do día 3 de setembro está incluída nos Convenios coas Federacións Deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram