Maceda, protagonista este xoves dun novo Centro de Tecnificación

A Delegación en Ourense aproveita a xornada festiva local deste xoves para traballar de novo nos seus centros de tecnificación. O escenario escollido para o día de hoxe: a vila de Maceda.

Visitando de novo este Concello, sede fai ben poucos días da competición 3×3 premini desta delegación, esta mesma tarde os responsables deportivos da zonal FGB abrirán as portas do seu traballo a todos aqueles nenos e nenas en idade mini e premini, que desexen achegarse ata o Pavillón Municipal de Maceda.

A Delegación contará para esta ocasión coa colaboración en pista de Miguel Ángel Hoyo, técnico que guiará as sesións cos xogadores máis novos e que, á par, compartirá a súa experiencia cos adestradores e monitores colaboradores que formen parte desta convocatoria.

O horario concreto para os adestramentos que se levarán a cabo é o seguinte:

16.30 h – 17.45 h: preminibasket masculino e feminino.
17.45 h – 19.00 h: minibasket masculino e feminino.

A Delegación e o Concello de Maceda, que se está a envorcar co fomento do Baloncesto, confían en vivir unha gran tarde de deporte da que se agarda que participen, e por suposto disfruten, o maior número posible de rapaces e rapazas da localicade e das vilas limítrofes.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram