O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde á presidenta da FEB, Elisa Aguilar. Á reunión, tal e como sucedeu ao longo de todo este martes na súa visita institucional a Galicia, asistiu acompañada polo Presidente FGB, Julio Bernárdez; e o equipo directivo deste. Tamén participó da mesma o secretario xeral FEB, Gabriel Rodríguez.
No encontro púxose de manifesto a coincidencia de obxectivos entre a Deputación e maila Federación, entre eles a promoción do deporte base e o estudo de posibles colaboracións, no marco da cooperación da institución provincial co mundo do deporte.