Lugo prepárase para o “Campus Comenza 2013”

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón organiza o “Campus Comenza 2013”, actividade programada para os vindeiros 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de setembro nos lucenses Polideportivo dos Institutos, Pazo dos Deportes e Polideportivo de Frigsa.

Aberta a nenos e nenas nados entre os anos 1996 e 2005, tanto en categoría masculina como en feminina, a actual edición do “Campus Comeza” ademais de inculcar aos participantes os coñecementos de técnica e táctica individual, ofrece regalos, vídeos, charlas arbitrais e de saúde, tempo de lecer na piscina, multideporte, visitas de xogadores e adestradores coñecidos e, por suposto, moito baloncesto.

Este conxunto de propostas desenrolarase en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:30 h, coa posibilidade de quedarse a comer nun comedor da zona.

Inscrición
Os interesados en tomar parte no “Campus Comenza 2013” poderán escoller entre diversas opcións para tramitar a súa presenza:
– Asistencia só a Campus Minibasket: 50 €
– Asistencia só a Campus nas súas restantes categorías: 70 €
– Xantar: 30 €
– Excursión sábado: 20 €

Estas cantidades inclúen todas as actividades do campus, pícnic polas mañás e unha equipación de agasallo

Para inscribirse deberán aboar a cantidade correspondente e cubrir o formulario de inscrición que aquí se achega, para envíalo posteriormente a ajsc_lugo@hotmail.com.

“Campus Comeza 2013”. Cartel.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram