Designadas de xeito oficial as sedes para a celebración, esta mesma fin de semana, das Fases Finais da Copa Galicia nas súas categoría júnior e cadete.
Unha vez avaliadas as solicitudes recibidas na FGB, e con todo disposto para desfrutar dos encontros de semifinais, final e 3 e 4º posto, este sábado e domingo, 4 e 5 de outubro; coñeceremos aos primeiros campións galegos da temporada nas seguintes localidades:
Fase Final Cadete Masculina: Tui (organiza CB Tui)
04/10/14 – Pavillón Municipal de Tui.
Equipos: Instituto Rosalia, Estudiantes de Lugo, Escola Basket Xiria e CB Tui.
Fase Final Cadete Feminina: Lugo (organiza Estudiantes de Lugo)
04/10/14 – Pazo Provincial dos Deportes
Equipos: RC Celta Selmark, C.B.Pontumio, A.D. Cortegada e Estudiantes Lugo.
Fase Final Júnior Masculina: Lugo (organiza Estudiantes de Lugo)
05/10/14 – Pazo Provincial dos Deportes (Lugo)
Equipos: Sant-Yago, Basquet Coruña, Porriño BB e Estudiantes de Lugo.
Fase Final Júnior Feminina: Pontevedra (organiza CB Arxil)
05/10/14 – Pavillón de Maxisterio
Equipos: RC Celta Selmark, Peleteiro, Porriño BB e CB Arxil.
O calendario correspondente ás catro Fases Finais detállanse no documento que achegamos.