“CLAUSTRO DOCENTE FGB”

A Federación Galega de Baloncesto centra a súa mirada no traballo de Adestrador. No ánimo de consolidar e dignificar esta tarefa no ámbito da nosa Comunidade inicia este sábado, 7 de xuño, en Lugo, o “Claustro Docente FGB”, novidosa iniciativa enmarcada dentro do programa “Galicia 2014. Imos pola Copa”.

A Área deportiva FGB inaugura este sábado en Lugo este proxecto; estreando unha renovada fórmula para reunir aos técnicos galegos nun entorno propicio para a reflexión, o e aprendizaxe recíproca.

Coa colaboración da Deputación de Lugo, e elixindo a cidade da Muralla como escenario para o debut, o “Claustro Docente FGB” arrincará reunindo a un nutrido grupo de 28 técnicos actualmente en activo ou cunha traxectoria que resulta significativa e de referencia aos adestradores noveles.

Citados no Gran Hotel de Lugo, os adestradores integrantes do “Claustro” serán peza fundamental dun programa de actividades que comprenderá debate, posta en común de ideas, xantar de confraternidade, posterior mesa redonda e escoita activa da man de catro ponencias a cargo de membros do propio Claustro.

Antonio Pérez, Chiqui Barros, Rubén Domínguez e Cristino Menor serán os catro técnicos relatores das charlas programadas, estando, a súa vez; acompañados por outros destacados adestradores do noso Baloncesto que tamén gozarán do seu turno de palabra.

Cronograma
O “Claustro Docente FGB”dará comezo ás 11:30 h do sábado, partindo dunha introdución a cargo do Presidente FGB, Francisco Martín; así como do Director da Área Deportiva FGB, Carlos Colinas. Xunto a eles, amosando o seu apoio e experiencia a esta iniciativa, contarase coa presenza do Director Deportivo FEB, Ángel Palmi.

As achegas dos representantes federativos darán paso directo ao Cronograma de traballo completo estipulado para a xornada, na que se agarda, ademais da dos 28 integrantes do propio claustro, a presenza dun centenar de adestradores que tramitaron a súa inscrición de xeito previo.

“Claustro Docente FGB”: Integrantes.
“Claustro Docente FGB”: Cronograma.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram